O programa Alalá confirma a continuación para a próxima tempada, que será a quinta. Agradecemos a todo o público o apoio ó programa, que permitirá que sigamos traballando na divulgación da música tradicional e a cultura galegas. Durante esta 4ª tempada a audiencia media do programa foi un 18,6 % en horarios de máxima audiencia, a mellor media por tempada rexistrada polo programa dende que empezou. Gracias a todos.
O martes día 24 de Marzo emítese o primeiro capítulo da serie de programas que o Alalá grabou en Brasil. Salvador de Bahía será a primeira parada na viaxe…
¿queredes un adianto? pois relaxádevos, tranquilos…
como din por alí “vossé sonría que está na Bahía”.
En Mar del Plata coñecemos a Dolores Castiñeira, unha muller fóra de serie. Tén 78 anos e leva na Arxentina desde o ano 49. Tén unha memoria prodixiosa. Lembra que eran as tres da tarde aquel día de maio que embarcou para Arxentina e lembra ducias de cancións da súa infancia en Galicia. Toca a pandeireta coa mesma simpatía coa que fala. E conta tantas cousas interesantes, que un non se cansa de escoitala.
De paso que visitamos a Dolores aproveitamos para coñecer algo máis de Mar del Plata, a cidade turística máis importante da Arxentina. A Dolores encántalle a súa cidade e está feliz e satisfeita de todo o que viviu, pero non hai un só día que non lle acorde Galicia. E como exemplo do seu afán de superación e do seu amor pola terra basta saber que alí, na Arxentina, despois de ter criados ós fillos e xa con netos, fixo o seu primeiro curso de galego, porque quería saber escribir ben na súa lingua e porque, como lle dicía seu avó, nunca hai que deixar de aprender.
Por correos recibidos aclaramos que para ver capítulos de Alalá no ordenador pódese facer a través do seguinte link:
http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=7
Copiar e pegar o link na barra de enderezos do navegador e despois escoller o programa que se queira ver.
Normalmente funciona se o teu ordenador ten instalados os plugins necesarios para ver vídeo.
As gaitas dos gaiteiros vellos están acostumadas ó arrecendo a herba fresca, pero despois de 30 anos metida nun armario nun piso de Lugo de Llanera, en Asturias, a gaita de Clemente o Ferrera colleu o ton grisáceo e melancólico dos instrumentos vellos: a madeira embruteceu como asfalto, a palleta grosa como hormigón… e as notas volveronse terriblemente tercas.
A gaita está así, porque Clemente “O Ferrera” leva máis de trinta anos sen tocar nunha aldea. O equipo do programa conseguiu que Clemente volvera, despois de 30 anos ao lugar no que máis lle gustaba tocar: Murias de Rao, unha aldea de Navia de Suarna na que aínda viven os mellares bailadores da zona.
A mañá na que Clemente regresou a Murias de Rao había no aire un arrecendo a nostalxia. A unha época de plenitude anterior… A maioría dos bailadores pensaban que Clemente morrera e cando souberon que volvía e que ía montar unha polavila comas de antes, o tempo detívose e camiñou cara atrás 40 anos. En Murias este día todos volvéronse mozos e xamais se olvidará este momento máxico no que o gaiteiro volveu a sentirse gaiteiro… e os bailadores volveron a sentirse bailadores. Esta noite no Alalá
Por causas alleas ó programa, Alalá volve a cambiar para os martes. Esperamos que poidades seguir conectando con nós ese día.
Xa case estamos de volta e farémolo en Novembro deste ano. O equipo do programa agradecémo-lo voso apoio e fidelidade a Alalá que nos fixeron líderes a audiencia as tres últimas tempadas.
Tamén queremos recordámosvos que estamos dispostos a escoitar as vosas suxerencias sobre aquelas figuras ou agrupacións que consideredes que merecen un recoñecemento público pola súa laboura ou traxectoria na música tradicional.
O horario de emisión para a cuarta tempada será os LUNS ÁS 21:40 e comezarémos como non podía ser doutra forma de festa:
o primeiro capítulo da nova tempada tratará sobre OS SERÁNS, así que si vos queredes emocionar, rir e saber algo máis sobre a nosa cultura xa sabedes!!
Unha aperta de todo o equipo do programa!
O equipo do Alalá está moi agradecido por este recoñecemento, anque os verdadeiros artífices de calquera premio que lle sexa outorgado a este programa son os músicos que nos abren as portas da súa vida cada luns pola noite. Os gaiteiros vellos, os novos, os grupos, as asociacións… A eles e a todos os que seguides o programa o noso máis humilde e sincero agradecemento.
Gracias a todos polo voso apoio, pra que unha vez máis o Alalá fose líder absoluto de audiencia na súa franxa horaria. O venres 23 de agosto de 2008 non só conseguistes que Alalá fose o máis visto de Galicia, senón que fose o mellor rexistro de audiencia de tódalas televisións autonómicas do estado español.
unha vez máis gracias polo voso apoio que é o apoio á nosa música e a nosa tradición.
Pois si, entre pitos e frautas, xa chegamos á terceira tempada do Alalá. Traballaremos no verán pra atopar novos músicos e historias, incluso algúns domingos e festivos, así que se tedes algunha recomendación, idea, personaxe ou historia que contarnos só tedes que envialo a
Vémonos na gala que Alalá emitirá este verán, posteriormente na cuarta tempada e sempre que queirades neste blog ou no enderezo electrónico do programa.
Unha cordial aperta de todo o equipo.
- Xuño 2009
- Marzo 2009
- Febreiro 2009
- Outubro 2008
- Agosto 2008
- Xullo 2008
- Xuño 2008
- Maio 2008
- Abril 2008
- Marzo 2008
- Decembro 2007
- Xuño 2007
- Maio 2007
- Abril 2007
- Marzo 2007
- Febreiro 2007
- Xaneiro 2007
- Decembro 2006
- Novembro 2006
- Outubro 2006
- Setembro 2006
- Xuño 2006
- Maio 2006
- Abril 2006
- Marzo 2006
- Febreiro 2006