Marica
Perfil
Nome: Marica do Reino
Idade: 53
Procedencia: Melide
Ocupación: Rexenta unha tenda de ultramarinos
Marica é de Melide. A ver, de Melide mesmo non, é de Santiso. O que pasa é que o seu home era de Melide e montou un taller e ela foi para alí tamén. Despois el morreu novo e ela quedou soa. Como a pensión que lle quedou non daba para nada, puxo unha tendiña de ultramarinos que abre de luns a domingo e a calquera hora, así consegue chegar a fin de mes. Alí pasa o día enteiro, e nos tempos mortos dálle ao ganchillo e ao facebook.